Taboleiro de Anuncios


Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns


-

NIF:G36691855
Estrada Zamáns, 251 - 36310 Zamáns (Vigo)
Tfno-Fax:986 468039
Email: zamans@zamans.org


,

 

 

 

 

          Zamáns, 17 -decembro- 2011.

                                                                                     

Estimados veciños/as:

Co desexo de que acadedes todos os vosos proxectos e ilusións no novo ano, e que sexa próspero para a paz e a liberdade, dende a Asociación de veciños de Zamáns desexámosvos un Bo Nadal.

Achegámosvos a programación de Nadal 2011:

-Visita do carteiro Real.

O día 27 de decembro ás 19h, ¡Non tardes e trae a túa carta!

-Rondalla.

Como tódolos anos a Rondalla de Zamáns recorrerá os barrios da parroquia, o día 31 de decembro, sairá ás 15:30h polos barrios de Cidáns, Marcosende e Vilariño, o día 5 de xaneiro ás 15:30h por Vilaverde, Casal de Abade, Paredes  e Herville e o 6 de xaneiro pola mañá por Igrexa, sempre se o tempo o permite.

-Cabalgata de reis.

O día 6 de xaneiro, as súas Maxestades os Reis Magos sairán do centro cultural sobre as 12h hacia a igrexa, onde se celebra unha  misa, ó finalizar reparten caramelos e volven ó centro onde entregan un agasallo a cada neno.

-Festival de Nadal.

O día 7 de xaneiro ás 17:00h, no auditorio do Centro Cultural de Zamáns, con música, baile…

Ó remate do festival, a partir das 19:30h aproximadamente, terá lugar a presentación dos equipos de fútbol sala da Asociación de Zamáns.

 

Aproveitamos para poñernos como sempre á vosa disposición e agradecervos a colaboración.

 

Recibide un cordial saúdo.